Convocatorias

Están publicadas as convocatorias desta fin de semana. Nadarán dous equipos, o equipo benxamín en Carballo, e o equipo absoluto en Mos. Ambos en sesión de sábado pola tarde a súa primeira xornada de liga.

Os máis  pequenos nadarán 100 crol, 50 crol, 50 costas e 50 pes crol,  ademáis de remudas de 4×50 estilos masculino e feminino e 6×50 libre mixta.

O equipo absoluto, composto por nadadores e nadadoras de categorías infantil, junior e senior, nadarán por fin a Liga Absoluta, que non se pode organizar dende xaneiro de 2020, por cuestións de aforos foron anos moi complicados que só aumentan as ganas de competir. O Club Natación Arteixo está en 2ª división, e competirá para xogarse o ascennso a 1ª. Os seus rivais serán: AD Fogar, CN Rías Baixas, CN Mos, USC e AD Náutico de Narón. Nesta ocasión nádanse as seguintes probas: 4×50 estilos, 4oo libre, 100 bolboreta, 100 braza, 200 costas, 200 estilos, 100 libre feminnino, 50 libre masculino, 4×200 libre feminino e 4×100 libre masculino.

Ánimo e sorte para tod@s!!

Convocatorias