Esta fin de semana da comenzo o movimento competitivo do Club Natación Arteixo. Participamos en dúas competicións e ademáis Paula Otero parte rumbo a Kazán para participar no Campionato de Europa Absolluto.
O noso equipo máster nadará a 1ª xornada de liga en Carballo, o domingo pola mañán, as probas serán 50 libre, 50 braza, 200 costas, 200 bolboreta, 100 estilos e remuda de 4×50 libre mixta.
Tamén asistimos ó Trofeo de Ponteareas, o domingo todo o día, con un total de 23 nadadores e nadadoras de diferentes categorías que participarán en varias probas do calendario completo de competición. Este desprazamento realizarase en autobús, que sairá dende a Piscina Municipal de Arteixo ás 7:25 da mañán.
A competición será sen público e será retransmitida en directo vía streaming, deixamos o enlace ó final da noticia.
Paula viaxa este domingo coa Selección Española cara a Kazán, ampliaremos esta nova no momento que se acerque a competición para que poidades estar ó día do evento.
Ánimo e sorte a tod@s para este este estreo de tempada competitiva!!