Esta fin de semana o Club Natación Arteixo participa en dúas competicións. Unha Toma de Tempos en Riazor o sábado pola mañá onde participarán dende alevíns ata absolutos.
En Ponteareas celébrase o Campionato Galego Máster de Verán, será en 3 sesións, dende o sábado pola tarde ata o domingo. Participan seis representantes do club: Carmelo, Chus, Gabriel, Iago, Javier e María, que nadarán nun total de 17 probas individuais, remudas masculinas de 4×50 estilos e 4×50 libre, e unha de 4×50 estilos mixta.
Sorte e ánimo para tod@s!!