Unha nova fin de semana movida para o Club Natación Arteixo. Celébranse dúas competicións, a 5ª xornada de liga alevín e o Campionato Galego Máster. Ademáis, o nadador de categoría alevín, Aarón Díaz Rodas viaxa hoxe a Pontevedra para participar nunha xornada de tecnificación GES.
A liga alevín será na Piscina de San Amaro, nun só turno de nenos e nenas, o sábado en sesión de tarde. Nádanse as seguintes probas: 50 bolboreta, 400 libre, 100 libre, 100 braza, 200 bolboreta e 400 estilos.
En Ponteareas, na Piscina de Álvaro Pino, será o Campionato Galego Máster durante a fin de semana. Por temas de aforo, os nadadores estarán divididos por idades, e os nosos representantes nadarán o domingo. Asisten Rubén Villamor, que participa en 400 libre, 50, 100 costas e 50 braza; e Javier Mella, que participa en 200 estilos, 50 libre e 100 costas.
A competición será retransmitida en streaming, o enlace estará dispoñible a partir desta noite na web da competición.
Por outra banda, o nadador de 2007, Aarón Díaz Rodas, foi convocado para unha xornada GES no Centro de Tecnificación de Pontevedra. Recordamos que estas xornadas están organizadas pola FEGAN e consisten nun encontro-adestramento de nadadores e nadadoras de idades mozas de toda Galicia seleccionados polos técnicos da federación a partir dos resultados, este ano da liga territorial.
Ánimo e sorte a tod@s!!