Convocatorias

Este sábado o Club Natación Arteixo volve a ter doble sesión de competición. O equipo benxamín compite en Carballo o sábado pola tarde, e unha parte do equipo infantil, junior e absoluto viaxa a Ourense para participar no Trofeo Pedro Escudero.

Os benxamíns nadarán a súa 5ª xornada de liga, comporsta polas seguintes probas: 200 libre, 100 libre, 100 estilos e 100 braza.

O Trofeo Pedro Escudero, de categoría absoluta será na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros. Acudimos cun equipo de 16 nadadores e nadadoras, serán en sesión de mañán e tarde, e nádase o calendario completo.

Toda a información sobre as competicións está á vosa disposición no contido de convocatorias e do trofeo enlazado debaixo desta noticia.

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias

Web do Trofeo