Convocatorias

Esta fin de semana será moi movida a nivel competitivo para o Club Natación Arteixo, xa que participamos en nada máis e nada menos que tres competicións. Serán as ligas alevín e infantil e un trofeo en Gijón.

O sábado pola tarde celébrase en San Amaro a 5ª xornada de Liga Alevín, onde o noso equipo participa nas seguintes probas: 50 costas, 100 libre, 200 estilos, 1500 libre masculino, 50 bolboreta e 100 braza. Esta competición será nun só turno en sesión de tarde.

O domingo en sesión de mañán, en dous turnos, celébrase a 4ª xornada de Liga Infantil. Nesta competición, na que presentamos o equipo máis numeroso, nadaranse, 400 libre, 100 costas, 200 estilos, 100 libre, 100 braza e 800 libre feminino.

E Finalmente, o venres sae para Gijón un grupo de nadadores e nadadoras de categorías junior e absoluto para participar durante a fin de semana no XXXIV Trofeo Internacional Villa de Gijón. Este evento durará sábado e domingo, contará co calendario completo de probas con eliminatorias e finais, e no caso das probas de 50 metros, tamén con semifinais. Sete deportistas acuden a esta importante competición que se celebra na piscina do Club Natación Santa Olaya e que será retransmitida en directo vías streameng, podemos seguila no enlace que deixamos a continuación.

Sorte e ánimo a tod@s, aproveitemos esta oportunidade para competir a tope!!

ConvocatoriasWeb do Trofeo