Este fin de semana será moi movido para o Club Natación Arteixo. Os infantís e Junior participan na 2ª xornada de Liga ADAN en San Amaro. O equipo Alevín nada a 3ª xornada de Liga en Arteixo, primeira competición oficial de natación na instalación do noso Concello. As probas serán: 100 libre, 200 estilos, 200 braza, 200 bolboreta, 1500 libre masculino e remudas de 4×100 estilos.
Paula comeza mañá a súa cita en Ginebra, na que nadará 100, 400, 800 e 1500 libre, e 100 e 200 bolboreta.
Ánimo e sorte para tod@s!!