Esta fin de semana o Club Natación Arteixo participa en dúas competicións. Os máis pequenos, o equipo benxamín, compite en San Amaro a 1ª xornada de Liga. Nadaranse as seguintes probas: 100 libre e 50 costas para os maiores, 50 libre para os pequenos/as, remudas de 4×50 estilos masculina e feminina e 4×50 libre mixtas.
Unha parte do grupo de maiores participan en Carballo na 1ª xornada do Circuito Adan. As dúas competicións son en sesión de tarde. Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.