Convocatorias

Este sábado celébrase en Vigo a tan esperada Fase Final da Liga Galega de Clubs. O Club Natación Arteixo disputará a permanencia en 1ª División, competindo co CN Portamiñá e o CN Rías Baixas. Non será unha competición fácil, os nosos terán que loitar ata o último dos puntos. Nádase todo o calendario de probas en dúas sesións, así que necesitaremos a maior das motivacións e o ánimo do noso público para lograr manter o nivel esperado durante toda a xornada.

Sabemos do que é capaz este Equipo cando compite unido e por unha causa común e difícil, ó CN Arteixo gústanlle os retos, e sen dúbida este sábado será un dos máis grandes ós que nos temos enfrentado.

Coma sempre, haberá autobús e calquera que desexe asistir e animar pode apuntarse na porta da oficiña do club, hai prazas limitadas.

Ánimo e sorte EQUIPO!!

Convocatorias