Esta fin de semana o Club Natación Arteixo participa en dúas competicións, a 3ª Xornada da Liga Benxamín, e o Campionato Galego de Clubs Alevín de Inverno.
A Liga Benxamín será en Carballo o sábado pola tarde. Participan 25 nadadores/as nas seguintes probas: 100 braza e 50 costas para os maiores, 100 libre e 50 bolboreta-costas, e remudas de 4×100 libre para tod@s.
O Campionato Alevín será en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, de 25 metros. Asistimos con 5 nadadoras e 6 nadadores: Carmela, Claudia, Eva, Irene, Nerea; Adrián, Alejandro, Héctor, Manuel, Mateo e Pablo. Participarán nun total de 33 probas individuais e 6 remudas.
Deixamos o enlace da web do campionato, onde podedes descargar as series e estar enterados/as practicamente en directo dos resultados.
A base do Club está mellorando e medrando a boa marcha, desexámoslle o mellor nesta primeira cita importante da tempada.