Esta fin de semana volvemos a competir. Celébrase a 6ª e última xornada de liga alevín en San Amaro, na que se nadarán as seguintes probas: 100 costas, 400 estilos feminino, 1500 libre masculino, 200 libre feminino , 200 bolboreta e remudas de 4×50 estilos.
Unha parte do equipo de maiores asiste ó XXXII Trofeo Villa de Gijón que se celebra en dúas xornadas de sábado e domingo. Asisten: Luis, César, Carlos e Xián na representación masculina e Noelia, Tamara e Nerea pazos na feminina. Tamén participará Alba, que irá representando á Federación Galega, co seu grupo de adestramento no CGTD. participamos nun total de catro probas cada un e poderemos estar ó día do campionato no enlace:
Sorte e ánimo a tod@s!!