Este sábado unha parte dos nosos equipos de categorías inferiores acuden a Lugo para participar no Trofeo Cidade de Lugo, un xa clásico na nosa axenda de primavera competitiva. Será en dúas sesións de mañán e tarde, e o calendario de competición será o seguinte: 50 de cada estilos para os benxamíns, 50 e 100 de cada estilo para os alevíns, e 100 e 200 de cada estilo para os infantís. Poderemos seguir os resultados a través do enlace que deixamos a continuación. Haberá servicio de autobús que sairá dende a Piscina Municipal de Arteixo ás 7:40 e ó que tamén se poden apuntar os acompañantes.
Ánimo e Sorte a tod@s!!