Convocatoria Liga Infantil

Estreamos tempada de competicións. Nesta ocasión será o equipo infantil o que terá a honra de empezar coa súa Liga. Será en Santiago, o sábado pola tarde, nadando as seguintes probas: 400 estilos, 50 libre, 200 costas, 100 bolboreta, 1500 libre, 200 braza, 200 libre e remudas de 4×100 estilos.

Coma tódolos anos, as convocatorias de nadadores/as e horarios publícanse nesta web no contido de “Convocatorias”. Nesta ocasión saímos todos xuntos dende Arteixo.

Convocatorias