Este sábado día 28 celébrase a 3ª xornada da Fase Preliminar da Liga Galega de Clubs. Será en Carballo en sesión de tarde e nadaranse as seguintes probas, 100 estilos, 200 libre feminino, 1500 libre masculino, 50 braza, 200 bolboreta, 100 libre masculino, 50 libre feminino, 100 costas e remudas de 4×200 libre para os chicos e de 4×100 libre para as chicas.
Recordamos como vamos de puntos ata o momento, Fluvial de Lugo 14, CN. Arteixo 9, SC. Casino 9, A.D. Fogar 6, CN. Coruña 4, Rías Baixas 2. O noso obxetivo é loitar este sábado por unha boa clasificación que nos permita manter estos primeiros postos e así loitar polo título na Fase Final. Esperamos deportistas e grada con moito ánimo que axuden a acadar este desexado resultado.
Sorte e Ánimo Equipo!!


