Este sábado celébrase en Carballo a 3ª e última xornada da Fase Preliminar da Liga de Clubs, á que asistimos con un equipo de 23 deportistas. Esta competición será a que nos deixe colocados ós seis equipos de 1ª División para Ascenso ou Permanencia. Ata este momento o CNA está de 1º, xa que gañamos as dúas primeiras xornadas, pero sabemos que esta haberá que loitala ata a última brazada, xa que tod@s intentarán facer un gran esforzo para non ter que loitar a permanencia no vindeiro mes de maio.
Nadaranse as seguintes probas: 4×50 libre, 800 libre feminino, 200 libre masculino, 50 bolboreta, 200 braza, 50 costas, 400 estilos e remudas de 4×100 estilos. Será unha emocionante competición na que seguro o noso Equipo sacará esa parte que tan ben se lle da de medrar nas grandes ocasións.
A convocatoria será en Carballo ás 15:30, prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.
Ánimo e Sorte!!