Convocatoria Liga Clubs

Este sábado celébrase na pontevedresa piscina de Rías do Sur, a 2ª xornada de Liga de Clubs de División de Honra. Será unha sesión competitiva importante con moitas probas por nadar: 4×50 estilos, 400 libre, 100 braza, 100 bolboreta, 200 costas, 200 estilos, 100 libre feminino, 50 libre masculino, e remudas de 4×200 libre feminino e 4×100 libre masculino.

Estamos preparad@s para competir a tope ante uns rivais moi fortes que non nos van a poñer o camiño nada fácil, CN Portamiñá, CN Galaico, CN Ponteareas, CN Ferrol e CN Fluvial de Lugo son os equipos cos que compartimos “loita” nesta categoría máis alta dentro da competición de Liga Absoluta en Galicia.

Vamos EQUIPO!!

Convocatorias