Convocatoria Infantil

Este sábado celébrase en Lugo a 3ª xornada de Liga Infantil. Será en Lugo, na Piscina do Fluvial. Nadaranse as seguintes probas: 400 estilos, 50 libre, 200 costas, 1500 libre, 200 braza, 100 bolboreta, 200 libre e remudas de 4×100 estilos mixtas.

A competición poderá ser vista vía streaming premendo no enlace que deixamos nesta noticia. O equipo trasladarase en autobús dende a Piscina de Arteixo ás 14:30, prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

Ánimo e Sorte Equipo!!

ConvocatoriasStreaming