Convocatoria Infantil

Este sábado celébrase na Piscina Municipal de Arteixo a 3ª xornada de liga infantil para catro clubs da zona, Club Natación Coruña, Casino, Liceo e Arteixo.

Será en sesión de tarde, e as probas que se nadarán son: 400 estilos, 50 libre, 200 costas, 1500 libre masculino, 200 braza, 100 bolboreta e 200 libre.

Prégase puntualidade e prestar moita atención ó protocolo que será enviado vía wasap, xa que aparece un plano da piscina indicando sentido circulación durante a celebración do evento, e as normas a seguir. Asímesmo prégase que non esquezades levar a declaración responsable firmada.

Ánimo e sorte!!

Convocatorias