Convocatoria Fase Final

Este fin de semana o Club Natación Arteixo participa na Fase Final da Copa Galega de Clubs. Celébrase en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur (50 metros), o sábado 23 en 2 sesións. Organizado polo equipo que encabeza a clasificación, o Club Natación Galaico. O noso club xógase a permanencia en División de Honra ou descenso a 1ª. As dúas posibilidades son posibles debido á calidade dos opoñentes.

Os equipos que participan no noso grupo son: Galaico, Pabellón Ourense e Club del Mar, disputándose o título. Fluvial de Lugo, C.N.Santiago e C.N. Arteixo xogándose a permanencia.

A expedición sairá da Piscina de Arteixo ás 7:30 da mañá. Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as. Os acompañantes que queiran apuntarse para ir no autobús e para a comida, teñen que apuntarse na porta da oficina, hai prazas limitadas.

¡¡Sorte e a por todas EQUIPO!!

Convocatorias