Convocatoria Fase Final

Este sábado celébrase unha das competicións máis importantes para o Club Natación Arteixo, a fase final da Liga Galega de Clubs, na que decidirase o ascenso a División de Honra entre tres equipos,  C.N.Galaico, R.C.N de Vigo e  CN Arteixo; e a permanencia entre o A.D.Fogar, C.D.N. Cidade de Santiago e C.N. Arzúa. No noso grupo dous equipos son os que teñen opción de ascender, e o primeiro será o gañador do Título de 1ª División. No grupo de permanecia, dous equipos descenderán e un permanecerá. Así que o espectácullo está servido.

Será na Piscina de Riazor, organizada polo noso Club, en dúas sesións, nas que se nadan tódalas probas do calendario e 4 remudas. Será moi intensa, non lle faltará emoción, e estamos segur@s de que os nosos nadadores e nadadoras loitarán ata a última brazada para lograr o obxectivo principal, sair da piscina de Riazor coa sensación de ter competido A TOPE por algo moito máis importante que o éxito das marcas individuais, polo éxito do seu EQUIPO.

Ánimo e sorte a td@s!!

Convocatorias