Está publicada a convocatoria da Fase Final da Copa Galega de Clubs na que participamos este sábado 29 en Pontevedra. Loitaremos pola permanencia en División de Honra cos equipos coruñeses Club del Mar e Club Natación Liceo. Será duro, xa que son grandes rivais, pero o noso equipo sempre soubo medrar nas grandes ocasións, e a deste sábado seguro quen non será diferente.
Haberá autobús que sairá da Piscina de Arteixo ás 7:10, prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as. Na porta da oficina do club haberá un listado para apuntarse a viaxar co equipo.