Convocatoria de Liga Benxamín

Este sábado o equipo Benxamín compite en Carballo, na 4ª xornada de liga. Nadarán as seguintes probas: nenos de 2004 e nenas de 2005, 100 costas-braza e 100 braza-crol e remudas de 4×50 bolboreta. Os nenos de 2005, 2006 e nenas de 2006, nadarán 100 libres e 50 bolboreta-costas. Tamén participarán en remudas de 6×50 braza mixtas. Este tipo de probas ten como obxectivo inicialos nas distancias de estilos de forma gradual.

Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

¡¡Ánimo e sorte!!

Convocatorias