Convocatoria de Copa

Está publicada a convocatoria da 3ª xornada e última preliminar da Copa Galega de Clubs que se celebrará este sábado 5 de marzo en Ourense, na Piscina Rosario Dueñas. Esta será a xornada definitiva que colocará ós equipos en postos para loitar a permanencia ou o título.

Nadaranse as seguintes probas: 4×50 libre, 800 libre feminino, 200 libre masculino, 50 bolboreta, 200 braza, 50 costas, 400 estilos e remudas de 4×100 estilos.

O traslado será en autobús, que os acompañantes terán que reservar na oficina do club. Vémonos na piscina de Arteixo ás 13:15. Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformados/as.

Convocatorias