Convocatoria da Copa de Clubs

Este sábado día 5 de novembro comeza a Copa de Clubs. A tempada pasada conseguimos permanecer en División de Honra. Os nosos rivais esta tempada serán: Pabellón Ourense, Natación Galaico, Club del Mar, Natación Liceo e Natación Ferrol. Grandes equipos que sen dúbida aseguran unha boa fase preliminar.

Esta primeira xornada celébrase en Ferrol e nadaranse as seguintes probas: 4×50 estilos, 400 libre, 100 braza, 100 bolboreta, 200 costas, 200 estilos, 100 libre feminino, 50 libre masculino, 4×100 libre masculino e 4×200 libre feminino.

Haberá servizo de autobús, o listado estará á vosa disposición para anotarse na porta da oficina do club. Sairá ás 14:30 da Piscina de Arteixo. Prégase puntualidade e  acudir ben uniformados/as.

¡¡Ánimo equipo nesta Fase Preliminar!!

Convocatorias