Este sábado celébrase en Vigo a 3ª Xornada da Liga Galega de Clubs. Será a última da fase preliminar, e da que sairán os postos para competir a fase final o vindeiro mes de abril. Nádanse as seguintes probas: 4×50 libre, 800 libre feminino, 200 libre masculino, 50 costas, 50 bolboreta, 200 braza, 400 estilos e 4×100 estilos.
A competición celébrase o sábado pola tarde e o desprazamento será en autobús.
Ánimo e sorte!!