Convocatoria Copa Benxamín

Este sábado celébrase a Copa Benxamín, o Club Natación Arteixo participa no 2º grupo, do 13 ó 24 postos resultantes da clasificación do conxunto das seis xornadas de Liga Galega na que estivemos participando toda a tempada. A nosa sede será Carballo e acudiremos con 8 nenos e 8 nenas a nadar o seguinte calendario de probas: 200 libre 2013, 50 libre 2014, 100 costas 2013, 100 estilos 2014 e remudas de 4 x 50 estilos mixto; e na sesión de tarde, 200 estilos 2013, 100 costas 2014, 100 braza 2013, 100 libre 2014, e remudas de 4 x 50 libre mixto.
Ánimo e Sorte Equipo!!