Convocatoria Benxamín e GES

Esta fin de semana celébrase en San Amaro a 3ª xornada de Liga de categoría benxamín na que particparemos con un total de 11 chicas e 8 chicos, participando nun total de 38 probas individuais e dúas remudas. As probas desta xornada están dirixidas a braza, bolboreta e sobre todo a probas de estilos, incluidas as remudas que serán de 4×50 estilos masculinas e femininas.

Prégase puntualidade e acudir debidamente uniformad@s.

Por outra banda, a nadadora de categoría alevín, Martina Ferro Corral, asistirá a unha xornada GES da súa categoría que se celebrará no CGTD de Pontevedra, o sábado en sesión de tarde.

Convocatorias