Mañán sábado celébrase en San Amaro, A Coruña, a 1ª xornada de Liga Alevín. Nádanse as seguintes probas: 50 libre, 100 braza, 400 estilos, 200 costas, 50 braza, 400 libre e remudas de 4×100 libre masculina e feminina.
Enviámoslle ánimo e sorte a este equipo, que estrea a súa tempada competitiva con esta xornada, e recordámoslle que o mási importante é facer equipo e nadar con boa técnica.
Prégase acudir puntuais e debidamente uniformados/as.
Vamos equipo!!