Convocatoria

Este sábado celébrase en Carballo a 3ª xornada da Liga Galega de Clubs, onde se xoga a clasificación final coa que se acude á Fase Final. O Club Natación Arteixo está neste momento empatado co Fogar a 12 puntos, seguidos do Rías Baixas con 8 puntos. Os tres primeiros clasificados  participarán na Fase Final en postos de ascenso. Os nadador@s do CNA  están preparados para rendir a tope nesta ocasión co obxectivo de manter esa porta aberta ó ascenso a 1ª división.

Nadaranse as seguintes probas: 4×50 libre, 800 libre feminino, 200 libre masculino, 50 bolboreta, 200 braza, 50 costas, 400 estilos e 4×100 estilos. A competición comezará ás 17:15 e será sen presencia de público.

Mandámoslles dende esta web todo o noso ánimo!!

Convocatorias