Este fin de semana será movido para os compoñentes do Club Natación Arteixo. Asistirán a un total de 3 competicións.
Toma de Tempos en Riazor en sesión de mañá. Gran parte do equipo Infantil e Junior acudirán a esta cita. Será ás 10:45 na entrada da Piscina.
A 2ª Xornada da Liga Alevín, tamén en Riazor pola tarde, 15:45 reúnense os nadador@s para comenzar ás 17:00. Nadarán as seguintes probas: 200 braza e 100 costas para o 2003F/2001 e 2002M, 100 braza e 100 libre para o 2003M. A remuda será de 4×100 bolboreta.
O domingo, na Piscina de Campolongo, Pontevedra, comeza a Liga Galega Máster, na que o Club participa con 6 deportistas. Nadarán 200 libre, 50 braza, 100 estilos e 50 bolboreta.
¡¡Sorte a tod@s!!