Competicións Fin de Semana

Este será un fin de semana movido para o Club Natación Arteixo, nada máis e nada menos que participaremos en 4 competicións. Alba participa coa selección galega no Campionato de España de Comunidades Autónomas o sábado e o domingo. Estaremos atentos/as ós seus resultados persoais e por suposto como equipo.

O equipo de juniors e absolutos participan en Santiago na 2ª xornada do Circuíto ADAN. Nádase: 200 estilos, 100 bolboreta, 400 libre, 50 costas e 50 libre.

O equipo alevín asiste á súa 4ª xornada de liga en Carballo, na que participarán nas seguintes probas: 100 libre, 100 bolboreta, 400 libre, 200 braza e 200 estilos, con remudas de 4×100 estilos feminino e de 4×100 libre masculino.

Finalmente, o equipo máster, con catro representantes, acuden a Vigo para participar no festival de Estilos.

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias