Competicións Fin de Semana

Este sábado día 24 participamos en dúas competicións. Na 2ª xornada da Liga Galega de Clubs e nunha Toma de Tempos organizada polo Club Natación Coruña.

O noso equipo absoluto trasládase a Carballo, para defender o 3º posto acadado na 1ª xornada da Liga. Nadaranse as seguintes probas: 100 estilos, 1500 libre, 200 libre, 50 braza, 200 bolboreta, 100 libre, 50 libre, 100 costas, e remudas de 4×100 libre feminino e 4×200 libre masculino. Será en sesión de tarde, comezando ás 17:00.

A Toma de Tempos está dirixida a infantís e juniors, para intentar acadar mínimas para os campionatos galegos, será en Riazor en sesión de mañá, comezando ás 11:30.

Convocatorias