Comida Principio de Tempada

O vindeiro domingo día 21, o Club Natación Arteixo organiza unha churrascada na área recreativa de Seixedo para celebrar todos xuntos o inicio desta nova tempada 2014/2015.

Poderán asistir os nadadores/as, acompañados dos seus pais e de todo familiar que desexe acompañarnos nesta celebración. Confirmade a vosa asistencia na oficina do club ou por correo electrónico: info@natacionarteixo.com .

O custo da comida repartirase entre todos os asistentes e se o tempo non acompaña retrasarase ó domingo seguinte.

¡¡Animádevos!!