CNA en postos de Título

Este sábado celebrouse en Ferrol, organizada polo Club Natación Ferrol, a 3ª xornada da Liga Galega de Clubs de División de Honra. O CNA obtivo de novo o 2º posto na clasificación, que nos deixa finalizada a Fase Preliminar en 2º posto para asistir á Fase Final en postos para disputar o Título de División de Honra e coa permanencia asegurada.

A puntuación da xornada foi a seguinte: 1º C. N. Ferrol 331, 2º  C. N. Arteixo 305, 3º C. N. Portamiña Lugo 258, 4º C. N. Pabellón Ourense 247, 5º C. Fluvial Lugo 213, e 6º Real C. Náutico de Vigo 196.

Sumando as tres xornadas, a clasificación desta fase preliminar queda como segue: 1º  C. N. Portamiña 18 puntos, 2º  C. N. Arteixo 14, 3º C. N. Ferrol 14, 4º C. N. Pabellón Ourense  10,5, 5º RCNáutico de Vigo 5,5 e 6º  C. Fluvial Lugo 4.

O ambiente competitivo foi moi bo, sen baixar o nivel en ningún momento da tarde, con boas marcas persoais tanto en individual como nas remudas. Máis veces estivo o Club Natación Arteixo en División de Honra, pero esta é a primeira vez que terá ocasión de loitar entre os líderes do grupo. Seguro que os nosos deportistas poñen todo o seu empeño en mellorar e rendir o máximo posible de aquí a esa importante cita competitiva que será o 10 de maio en Lugo.

Noraboa a tod@s!!

Resultados