CNA Campión de 1ª División

O Club Natación Sarval Arteixo ascendeu este sábado a División de Honra como Campión de 1ª División. Foi en Riazor, organizada polo Club Natación Arteixo e a FEGAN, nunha xornada trepidante, co calendario completo de probas para medirse co CN Galaico e o RCN de Vigo, equipos cos que se loitaba polo ascenso. O nivel de ilusión, de motivación, de bo facer entre os nadadores e nadadoras do CNA e da súa grada, non baixou dende a primeira ata a última proba que competimos, e así rematamos a xornada recibindo por segunda vez na nosa historia, o Título de Campións de 1ª División.

Foi unha bonita xornada competitiva, marcada polo traballo en grupo, pola ilusión de competir para acadar un resutado máis alá que a propia marca individual, o cansancio de un estivo equilibrado polo esforzo de outr@. Foi un desde días nos que demostramos unha vez máis que a natación é, sen dúbida, un deporte de EQUIPO.

A clasificación do Ascenso foi a seguinte: 1º C. N. ARTEIXO 208, 2º REAL C. NÁUTICO DE VIGO 181,  3º C. N. GALAICO 158

E a Clasificación da permanencia foi a seguinte: 1º AGRUP. DEP. FOGAR 455, 2º C. DEP. N. CIDADE DE SANTIAGO 309,  C. N. ARZÚA 227

Quedando así como resultado o ascenso a División de Honra do CN Arteixo e o RCN Vigo, a permanencia en 1ª División do Galaico e o AD Fogar, e o descenso a 2ª División do CDNC Santiago e o CNArzúa.
O nivel de marcas individuais dos nosos deportistas foi moi bo, acadando moitas MMP e unha mínima de Campionato de España Junior de Claudia Suárez en 200 bolboreta. As remudas estiveron en moi bo nivel, mellorando os postos respecto as xornadas da fase preliminar. O CNA acadou o primeiro posto nas remudas de 4×50 libre e 4×100 estilos femenino e masculino.

Agradecemos moito a presencia de numerosos nadadores e nadadoras de diversas idades que asistiron para apoiar ó seu equipo, así como de público animador. Nunha competición deste tipo, este apoio pode ser o que marque a diferencia entre unha boa competición e unha competición excepcional, e dende logo que podemos decir que o CNA este sábado fixo unha Competición EXCEPCIONAL.

Noraboa a tod@s!!

Resultados