Este sábado celebrouse a 2ª xornada da Liga Absoluta de Clubs. Estamos en Primeira División, grupo que seguimos liderando despois dos bos resultados deste sábado en Carballo, onde acadamos de novo o 1º posto.
O nivel de marcas foi moi bo a nivel individual, con varias MMP e algún récord do club. Nas remudas acadamos o 2º e 7º postos en 4×200 libre masculino, e 3º e 7º postos en 4×100 libre feminino.
A clasificación por equipos da xornada foi a seguinte: CN Arteixo 281, AD Fogar 272, CN Galaico 268, RCN Vigo 259,5, CN Santiago 135, CN Arzúa 81,5.
Noraboa a tod@s polos resultados e a seguir para non baixar o nivel na 3ª xornada!!