Onte luns día 30 rematou o XIX Campus de Natación organizado polo Club Natación Arteixo, con unha participación de 28 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos realizando numerosas actividades durante unha semana.
Como xa é habitual rematamos o Campus dándolles o agasallo dunha camiseta conmemorativa a tódolos participantes no Pazo dos Deportes, e pasando o día no parque Acuático de Cerceda. A esta entrega asistiron Dona Puri Zas, Concelleira de Deportes e Don Miguel González, Técnico de Deportes do Concello de Arteixo.
Esperamos que todos e todas disfrutarades deste Campus e esperamos contar con vos en vindeiras edicións.
Ata pronto!!


