Clausura do Campus 2019

O pasado venres rematou o XV Campus de Natación organizado polo Club Natación Arteixo, con un gran éxito de participación, 70 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos realizando numerosas actividades durante unha semana.

Como xa é habitual rematamos o Campus dándolles o agasallo dunha camiseta conmemorativa a tódolos participantes no Pazo dos Deportes, e pasando o día no parque Acuático de Cerceda. A esta entrega asistiron membros da Directiva do noso Club e Don Marcos Docampo, Técnico de Deportes do Concello de Arteixo.

Esperamos que todos e todas disfrutarades deste Campus e esperamos contar con  vos en vindeiras edicións.

Ata pronto!!