Éxito total para os nosos representantes máster este domingo pasado en Ponteareas. Participaron un total de seis deportistas, acadando un total de cinco medallas.
Ramón foi medalla de ouro e récord galego en 1500 libre e 800 libre (no pase). Raquel prata en 1500 libre. Carmelo, María Oliveira e María Muíño acadaron medalla de bronce en 800 libre. Javi Mella acadou a súa mellor marca persoal que era da edición do ano pasado.
Noraboa por este novo reto superado!!