Cinco medallas en Augas Abertas

Este sábado celebrouse en Ponteareas o Campionato Galego de Augas Abertas, con unha participación de 10 deportistas do Club Natación Arteixo que participaban na proba de 5000 metros. Foi un éxito de organización, con un día bastante agradable aínda que anunciaban choiva. A temperatura da auga era de 16, 5º, polo que a proba fíxose con neopreno. O noso club acadou un total de cinco medallas, dous ouros, unha prata e dous bronces. Os medallistas foron: Ana Veiga, Nerea Pazos, Marcos del Río, Mateo García e Paula Rodríguez.

Noraboa atod@s!!

MedalleiroResultados