Churrascada de Benvida

Este sábado celebrouse a Churrascada de Benvida á nova tempada 2019-2020, con gran éxito de asistencia e diversión.

Foi na Área Recreativa de Seixedo e asistiron un total de 200 persoas entre pais, nais, nadador@s e outros asistentes. Foi unha xornada de calor que non debilitou as ganas de xogar dende o máis xoven ata o máis veterán. Gran momento de disfrute para todo o Club e unha gran ocasión para a convivencia lonxe da clásioca piscina.

Dende aquí dámoslle as gracias a tódolos participantes e, por suposto ós colaboradores e colaboradoras que fan este tipo de eventos posible.