O vindeiro sábado día 19, o Club Natación Arteixo organiza unha churrascada na área recreativa de Seixedo para celebrar todos xuntos o inicio desta nova tempada 2015/2016.
Poderán asistir os nadadores/as, acompañados dos seus pais e de todo familiar que desexe acompañarnos nesta celebración. Confirmade a vosa asistencia na oficina do club ou por correo electrónico: info@natacionarteixo.com . Os adestradores teñen as follas de inscrición.
O custo da comida será de 7 euros para adultos e de 5 euros para menores de 12 anos, que se abonarán na oficina do club ou o día da comida. Se o tempo non acompaña retrasarase ó sábado seguinte.
¡¡Animádevos!!