Este venres 27 de maio, o Club Natación Arteixo organizou unha pequena festa á que asistiron pais, nais e nadador@s de todas as idades, para celebrar o recente ascenso a 1ª División. Dito ascenso acadouse o 7 de maio, na Piscina de Carballo, nun duro pero magnífico día de competición co AD Fogar e o CN Rías Baixas.
O evento celebrouse na cafetería da Piscina Municipal de Arteixo e asistiron 125 persoas. Foi un bonito momento, onde unha vez máis disfrutamos da convivencia de deportistas, que son o noso motor, e de pais e nais, que simplemete o fan posible. Ó final xuntáronse os nadador@s para facer xuntos a nosa arenga, e vaia se a fixeron… escoitouse ata no campo da festa.
Gracias a tod@s pola vosa asistencia, e por formar parte do CNA!!