Cea Gala 2025

O pasado sábado celebrouse, a clásica Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un gran éxito de participación. Xuntámonos 181 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañounos representando ó Concello neste evento, o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que fixo un pequeno discurso antes do comezo da cea agradecendo ó Club a presencia que lle da ó Concello de Arteixo en tódolos eventos deportivos nos que participa e desexándonos que sigamos a colleitar éxitos. Acompañando ó Sr. Alcalde estaba Patricia Amado, concelleira de Contractación, Patrimonio, Turismo e Novas Tecnoloxías.

O evento tivo lugar no Bar Grill 1906. Durante a cea poidemos disfrutar das fotos da tempada, así coma dunha pequena celebración especial xa que neste 2025 cúmprense os 20 anos de inicio deste equipo con Club Natación Arteixo. Fíxose entrega dun gorro 20 aniversario a todos os nadadores e nadadoras, que foron repartidos por membros da xunta directiva, e dun agasallo ás adestradoras. Tivo lugar un sorteo de regalos entre os asistentes adultos. Unha vez máis temos que agradecer ós colaboradores e colaboradoras que fan posible estes detalles.

E por suposto, coma é habitual durante este evento, repartíronse os diplomas e premios aos mellores deportistas da Tempada 2023/2024. Tamén se fixo entrega dos agasallos á gañadora do concurso da postal deste Nadal 2024.

Os premiados/as foron os seguintes:

Concurso Postal de Nadal, Emma Pastor

Mellores Nadadores Promesa, Pedro Aldao Señarís e Vera Vázquez Iglesias

Mellor Nadador/a Máster, Sara González Rivas

Mellores Nadadores, Mateo García Castro e Paula Otero Fernández

Ademais, recibiron premio conmemorativo as nadadoras que asistiron durante a tempada pasada a Campionatos de España: Alba Gómez, Paula Rodríguez, Eva Sánchez, Manuel Varela, Mateo García, Miguel Ángel Gómez e Paula Otero.

Gracias pola vosa asistencia, disfrutaredes pronto dun video que se publicará nas redes sociais…