Cea Gala 2024

O pasado sábado celebrouse, a clásica Cea Anual do Club Natación Arteixo, con moi boa participación. Xuntámonos máis de 130 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañounos representando ó Concello neste evento, o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que fixo un pequeno discurso antes do comezo da cea agradecendo ó Club a presencia que lle da ó Concello de Arteixo en tódolos eventos deportivos nos que participa e desexándonos que sigamos a colleitar éxitos. Acompañando ó Sr. Alcalde estaba Patricia Amado, concelleira de Contratación, Patrimonio, Turismo e Novas Tecnoloxías.

O evento tivo lugar no restaurante Valcobo. Durante a cea poidemos disfrutar das fotos da tempada, así como dunha pequena exposición sorpresa do percorrido dos nosos deportistas dende que eran ben pequenos. que xa que este evento non se celebraba dende febreiro de 2020, con elas tivemos ocasión de revivir grandes momentos. Fíxose entrega dun agasallo a todos os nadadores e nadadoras, que foron repartidos por membros da xunta directiva. Tivo lugar un sorteo de regalos entre os asistentes adultos. Unha vez máis temos que agradecer ós colaboradores e colaboradoras que fan posible estes detalles. Houbo sesión de baile que mantivo a moita xente entregada hasta ben entrada a madrugada.

E por suposto, coma é habitual durante este evento, repartíronse os diplomas e premios aos mellores deportistas da Tempada 2022/2023. Tamén se fixo entrega dos agasallos ó gañador do concurso da postal deste Nadal 2023 e a todos os participantes, Daniela Da Silva, Leire Bolón, Hugo da Silva, Erik Bolón, Agustina López e Sara Armas:

Os premiados/as foron os seguintes:

Concurso Postal de Nadal, Manuel Lema

Mellores Nadadores Promesa, Krisztofer Rubio e Daniela Dasilva

Mellor Nadador/a Máster, Gabriel Baiz

Mellores Nadadores, Mateo García e Paula Otero

Ademais, recibiron premio conmemorativo as nadadoras que asistiron durante a tempada pasada a Campionatos de España: Alba Gómez, Claudia Suárez, Eva Sánchez, Manuel Varela, Mateo García, Miguel Ángel Gómez e Paula Otero.

Gracias pola vosa asistencia, disfrutaredes pronto dun video que se publicará nas redes sociais…