Cea Gala 2023

O pasado sábado celebrouse, de novo e por fin, a Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un gran número de asistentes. Xuntámonos máis de 150 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañounos representando ó Concello neste evento, o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que inaugurou a cea xunto coa nosa Presidenta Virginia Martínez Blanco. O discurso de Virginia foi sobre todo de agradecemento a todos os pais, nais e deportistas que co seu empeño e continuidade axudaron ó Club Natación Arteixo a seguir adiante nestes anos tan complicados que vimos de vivir.

O evento tivo lugar no restaurante Bar & Grill 1906. Durante a cea poidemos disfrutar das fotos de estas tres tempadas, xa que este evento non se celebraba dende febreiro de 2020, con elas tivemos ocasión de revivir grandes momentos. Fíxose entrega dun agasallo a todos os nadadores e nadadoras, que foron repartidos por categorías por membros da xunta directiva. Tivo lugar un sorteo de regalos entre os asistentes adultos. Unha vez máis temos que agradecer ós colaboradores e colaboradoras que fan posible estes detalles. Houbo sesión de baile que mantivo a moita xente entregada hasta ben entrada a madrugada.

E por suposto, coma é habitual durante este evento, repartíronse os diplomas e premios aos mellores deportistas, nesta ocasión, das tempadas 2019/2022 entregáronse dous por categoría e un para a categoría máster. Tamén se fixo entrega dos agasallos á gañadora do concurso da postal de Nadal deste nadal 2022 e a todos os participantes:

Os premiados/as foron os seguintes:

Concurso Postal de Nadal, Lola Lareo Varela

Participantes no Concurso: Manuel Lema, Yago García-Garabal e Sara Armas

Mellores Nadadores Promesas, Lucas Díaz Domínguez e Manuel Lema Simal
Mellores Nadadoras Promesas, Martina Ferro Corral e Lucía Prieto Alvite

Mellor Nadador/a Máster, Rubén Villamor Ferro

Mellores Nadadores, Miguel Ángel Gómez Mesías e Mateo García Castro
Mellores Nadadoras, Alba Gómez Mesías e Paula Otero Fernández

Ademais, recibiron premio conmemorativo as nadadoras que asistiron durante a tempada pasada a Campionatos de España: Eva Sánchez, Ana Veiga, Miguel Ángel Gómez, Paula Otero, Alba Gómez e Mateo García.

Este ano entregouse un detalle a modo de despedida e agradecemento polo seu paso polo Club Natación Arteixo, a Sara González Rivas, que despois de seis tempadas adicadas ó traballo no noso club como adestradora, dende setembro camiña por outros derroteiros profesionais.

E por último, destacouse tamén o 10º Aniversario da presencia da Categoría Máster no noso Club, visualizamos un video conmemorativo, e Carmelo Sanjorge, precursor dos inicios deste proxecto dirixiuse a tod@s con unhas palabras, facédolle entrega a Luchi dun agasallo en forma de agradecemento polo apoio nestes anos a esta sección do Club.

                            

                                                               

 

Grazas pola vosa asistencia, e ata a vindeira edición!!