Cea Gala 2020

O pasado sábado celebrouse a Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un gran número de asistentes. Xuntámonos 225 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañáronos representando ó Concello neste evento, Miguel González Cal, do Servicio Municipal de Deportes e o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que coma sempre adicou unhas palabras ós asistentes. Tamén falaron, a Presidenta Virginia Martínez Blanco e un grupo de nadadores de varias categorías.

O evento tivo lugar no restaurante Bar & Grill 1906. Durante a cea poidemos disfrutar das fotos de todo este ano, que serviu como resumen de toda a actividade do club. Fíxose entrega dun agasallo a todos os nadadores, que foron repartidos por categorías por membros da xunta directiva. Tivo lugar un sorteo de regalos entre os asisitentes adultos. Tamén contamos con outras actividades, un hinchable para nenos/as, animador@s, e  un fotocol moi «pinteado».

Unha vez máis temos que agradecer ós colaboradores e colaboradoras que fan posible estes detalles.

Houbo sesión de baile que mantivo a moita xente entregada hasta ben entrada a madrugada.

E por suposto, coma é habitual durante este evento, repartíronse os diplomas e premios aos mellores deportistas da tempada 2018/2019 e ao gañador do concurso da postal de Nadal:

Os premiados/as foron os seguintes:

Concurso Postal de Nadal, Carla Díaz García

Mellor Nadador Promesa, Alejandro Varela Pasandín
Mellor Nadadora Promesa, Eva Sánchez Bello

Mellor Nadador/a Máster, Mª Jesús Méndez Cea

Mellor Nadador, Miguel Ángel Gómez Mesías
Mellor Nadadora, Alba Gómez Mesías

 

 

Ademais, recibiron premio conmemorativo as nadadoras que asistiron durante a tempada pasada a Campionatos de España: Eva Sánchez, Antía Gómez, Miguel Ángel Gómez e Alba Gómez. Estas distincións foron entregadas polo Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo.

 

 

 

Este ano entregouse un detalle a un nadador moi especial, que despois dunha larga carreira deportiva en natación, waterpolo e triatlón, dende hai cinco anos aporta ó noso grupo de adestramento e equipo competitivo a súa sabiduría e compromiso, Iván Rubio Ruvira.

 

 

¡¡Grazas pola vosa asistencia, e ata a vindeira edición!!