Cea Gala 2019

O pasado sábado celebrouse a Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un novo récord de asistencia. Xuntámonos 228 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañáronos representando ó Concello neste evento, Josefina Zas, concelleira de Maiores, e o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que adicou unhas palabras acompañado pola Presidenta Virginia Martínez Blanco ós asistentes. Esta edición a Cea contou coa actuación do grupo arteixán Os Revenidos.

O evento tivo lugar no restaurante Bar & Grill 1906. Durante a cea poidemos disfrutar das fotos de todo este ano, que serviu como resumen de toda a actividade do club. Fíxose entrega dun agasallo a todos os nadadores, que foron repartidos por categorías por membros da xunta directiva. Tivo lugar un sorteo de regalos entre os asisitentes adultos. Tamén contamos con outras actividades, un hinchable para nenos/as e un fotocol para todas as idades.

Unha vez máis temos que agradecer ós colaboradores e colaboradoras que fan posible estes detalles.

A música foi unha das protagonistas principais, coa actuación do famoso grupo arteixán Os Revenidos. Este grupo brillou co seu humor e boa música, conseguindo que o CNA fora o fío conductor de todo o seu espectáculo, tiveron ó público nas súas mans durante case dúas horas.

E por suposto, coma é habitual durante este evento, repartíronse os diplomas e premios aos mellores deportistas da tempada 2017/2018 e ao gañador do concurso da postal de Nadal:

Os premiados/as foron os seguintes:

Concurso Postal de Nadal, José Manuel Díaz Domínguez

Mellor Nadador Promesa, Adrián Canedo Bello
Mellor Nadadora Promesa, Irene García Naya

Mellor Nadador/a Máster, Ramón Folch Mallofre

Mellor Nadador, Luis Suárez Costa
Mellor Nadadora, Alba Gómez Mesías


Ademais, recibiron premio conmemorativo as nadadoras que asistiron durante a tempada pasada a Campionatos de España: Antía Gómez, Nerea Iglesias e Alba Gómez. Estas distincións foron entregadas polo Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo.

¡¡Grazas pola vosa asistencia, e ata a vindeira edición!!