Cea Gala 2018

O pasado sábado celebrouse a Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un récord de asistencia. Xuntámonos 177 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañáronos representando ó Concello neste evento, Josefina Zas, concelleira de Maiores, e o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que adicou unhas palabras acompañado pola Presidenta Virginia Martínez Blanco ós asistentes.

O evento tivo lugar nos Salóns Pastoriza. Durante a cea poidemos disfrutar das fotos de todo este ano, que serviu como resumen de toda actividade do club. Unha vez máis unha das protagonistas principais foi a música, que acompañou o sorteo de regalos doados polos nosos colaboradores para deportistas e adultos, e amenizou boa parte da noite invitando a todos/as a bailar.

E coma parte principal desta cea, repartíronse os diplomas e premios aos mellores deportistas da tempada 2016/2017 e ao gañador do concurso da postal de Nadal:

Os premiados/as foron os seguintes:

Concurso Postal de Nadal, Adrián Canedo Bello

Mellor Nadador Promesa, Héctor Ríos Vázquez
Mellor Nadadora Promesa, Celia Rega Dourado

Mellor Nadador/a Máster, Raquel Durán Veiras

Mellor Nadador, César Pazos Caneda
Mellor Nadadora, Alba Gómez Mesías


Ademais, recibiron premio conmemorativo, os nadadores/as que asistiron durante a tempada pasada a Campionatos de España: Alba Gómez, Nerea Iglesias e Noelia Gómez.

 

Entregouse tamén un premio especial a Alba Gómez polos seus éxitos da tempada pasada, na que acadou un total de cinco metais en Campionatos de España, dous ouros e tres pratas, esta especial distinción foi entregada a Alba polo Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo.

 

¡¡Grazas pola vosa asistencia, e ata a vindeira edición!!