Cea 2017

O pasado sábado celebrouse a Cea Anual do Club Natación Arteixo, con un récord de asistencia. Xuntámonos 167 persoas entre deportistas, pais, nais, colaboradores e autoridades. Acompañounos neste importante e festivo evento o Ilmo Sr. Alcalde Carlos Calvelo, que adicou unhas palabras acompañado polo Presidente Nacho Folgueira ós asistentes.

O evento inaugurouse  coa visualización dun vídeo realizado por unha das nosas deportistas, resumen da tempada pasada. Pero sen dúbida este ano unha das protagonistas principais foi a música, que acompañou o sorteo de regalos para deportistas e adultos, e amenizou boa parte da noite invitando a todos/as a bailar.

E coma parte principal desta cea, repartíronse os diplomas e premios aos mellores deportistas da tempada 2015/2016 e ao gañador do concurso da postal de Nadal:

Os premiados/as foron os seguintes:

Concurso Postal de Nadal, Lola López Leiro

Mellor Nadador Promesa, Pablo Pose Fernández
Mellor Nadadora Promesa, Lucía Varela Pasandín

Mellor Nadador/a Máster, María Muíño Andrade

Mellor Nadador, Xián Prego Pita
Mellor Nadadora, Alba Gómez Mesías


Ademais, recibiron premio conmemorativo, os nadadores/as que asistiron durante a tempada pasada a Campionatos de España: Alba Gómez, Nerea Iglesias, Noelia Gómez, Luis Suárez, Virginia Naya e Xián Prego. Asimesmo recibiron un detalle as nadadoras que acadaron durante a tempada títulos de Campionas Galegas Absolutas, Alba Gómez e Virginia Naya. E á nadadora Penélope Martínez, como compoñente das remudas gañadoras deste mesmo título.

¡¡Grazas pola vosa asistencia, e ata a vindeira edición!!